A semana pasada, a víspera do Samaín, fomos de visita ao Centro de Día, compartir un ratiño cos avós. Con eles fixemos galletas de manteiga, divertímonos e cantámoslle unha canción propia destas datas.
Saímos acompañados por Protección Civil, que nos axudou no camiño e a cruzar a carretera. Todo saiu de maravilla, e ata o tempo nos acompañou.
Foi unha actividade do mais enriquecedora e positiva, para eles e para os avós cos que compartimos a nosa alegría e o noso rebulir...
Como remate da actividade nos regalaron un pequeno agasallo que eles fixeran para nós.