jueves, 21 de diciembre de 2023

XOGANDO NO NADAL

Aí vos quedan unhas fotos de todas as actividades que fixemos ao longo desta semana da Nadal´

Desexovos un BO NADAL e un estupendo Ano Novo.

sábado, 16 de diciembre de 2023

ANIVERSARIO DE FRAN

Este mes estamos celebrando o aniversario dos mais pequenos da aula. Agora tocoulle a Fran. Estaba moi contento por cumplir un ano mais. Trouxonos uns biscoitos e unhas galletas, que tiveron moito éxito.

Aí vos queda a foto do evento.

sábado, 4 de noviembre de 2023

VISITA AO CENTRO DE DÍA

A semana pasada, a víspera do Samaín, fomos de visita ao Centro de Día, compartir un ratiño cos avós. Con eles fixemos galletas de manteiga, divertímonos e cantámoslle unha canción propia destas datas.

Saímos acompañados por Protección Civil, que nos axudou no camiño e a cruzar a carretera. Todo saiu de maravilla, e ata o tempo nos acompañou.

Foi unha actividade do mais enriquecedora e positiva, para eles e para os avós cos que compartimos a nosa alegría e o noso rebulir...

Como remate da actividade nos regalaron un pequeno agasallo que eles fixeran para nós.

martes, 17 de octubre de 2023

SAMAÍN LIBRE DE MEDOS

Onte tivemos na escola unha charla sobre "Un Samaín libre de medos". Nos explicaron como debemos mercar o noso disfrace e a nosa carauta para que sexan seguras, e evitémos un susto.

Estiveron moi atentos, e rematamos facendo a nosa carauta de cabaza, coas etiquetas que teñen que levar para que sexan seguras para nós.


ANIVERSARIO DE THIAGO

Onte celebramos o aniversario de Thiago. Estaba moi contento por cumplir un ano mais. Trouxonos un biscoito, que tivo moito éxito, non deixaron nin unha migalla.
Aí vos queda a foto do evento.

lunes, 25 de septiembre de 2023

OUTONO

A semana pasada tamén comezou o OUTONO, nos puxémonos man a obra, e xunto cos nenos de 1º e de 3º confeccionamos un mural colectivo.

Hai vos quedan unhas fotos do traballo e do resultado.


ANIVERSARIO DE RUBÉN

 A semana pasada Rubén convidounos polo seu aniversario. 

El foi o primeiro deste curso, estaba moi feliz por ser o primeiro e por ser o protagonista do día.

Tróuxonos unha empanada de mazán que tivo moito éxito.

Aí vos queda a foto do evento.

domingo, 10 de septiembre de 2023